Co III Viñotapeo as adegas tomarán as rúas de Quereño o 3 de xuño

Este percorrido festivo comezará a partires das oito da tarde e a entrada custará 8 euros

Participantes nunha edición anterior do Viñotapeo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Degustacións de viño, pinchos e moita música. Ultímanse os preparativos do II Viñotapeo de Quereño (Rubiá), que se celebrará na tarde do 3 de xuño. A partires das oito da tarde un total de dez adegas ofrecerán pinchos diferentes e suculentos, acompañados de viño (branco e tinto) da zona. Ademais o ambiente estará animado por unha charanga.

A entrada poderá mercarse no inicio do percorrido a un prezo de 8 euros e con ela os participantes recibirán unha taza e un obsequio, ademais de poder visitar as adegas. A celebración concluirá en torno á medianoite na pista polideportiva da Casa da Cultura de Quereño, onde se servirán doces e cafés. Tamén alí se instalará unha pantalla xigante para poder seguir a final da Champions.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies