Non tódolos días se celebra o X aniversario, razón de sobra para que este ano a concetración mototurística dos Esquíos de Trives fose especial e inesquecible. Por iso, dende o motoclub tiñan preparado un completo programa que mantivo activo aos moteiros chegados dende diferentes puntos de España e Portugal.
Coma nas edicións anteriores, a xuntanza moteira contou coas tradicioanis rutas pola contorna e polo pobo, así como as comidas populares e as actuacións musicais, pero sen dúbida un dos momentos máis esperados e intensos da fin de semana do 17 e 18 de xullo, foron as exhibicións acrobáticas, tanto de trial da man de Pedro Sousa e Miguel Rodrigues, como de motos, coches e quads da man do incombustible Paulo Martinho.
Texto: O Sil/Redacción
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).