EconomíaPizarra

Víctor Cobo inicia o seu segundo mandato ao fronte da AGP

A directiva está formada por quince persoas
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Sen apenas cambios no equipo directivo se saldaban as eleccións celebradas o 17 de xullo na Asociación Galega de Pizarristas (AGP). Á súa fronte continuará nos vindeiros tres anos Víctor Cobo Arias, que tras resultar reelixido, sinalaba que o seu reto será “loitar para que o sector siga adiante. Nesta crise é complicado o futuro que nos espera, así que imos seguir traballando e loitando para que o sector se manteña vivo e podamos continuar traballando”.

As cifras deste ano non son, polo de agora, prometedoras para o sector. “Os últimos datos que temos, do mes de abril, amosan que a exportación baixou un 20% con respecto ao ano pasado. Hai que esperar un pouco porque a mellor época da lousa sempre é nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, así que imos agardar a ver qué din as estatísticas, pero eu creo que imos estar en negativo con respecto ao 2012”, aseguraba Cobo. As ventas constitúen, precisamente, un dos principais problemas das empresas da lousa, “se non creas tesourería non podes pagar e pasamos un inverno no que non se vendeu e, coa problemática que todos coñecemos, a banca non financia stocks”, resumía.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button