En portadaÚltima hora

Cobra vida a VIII Noite Branca do Barco, con moitas novidades

 

A partir das 20h. da tarde deste 18 de xuño cobraba vida a VIII Noite Branca do Barco. Engalanados de xeito especial e identificativo, e en medio dun ambiente festivo, un total de 29 establecementos comerciais (aos que hai que engadir dous de hostalaría) ofrecen interesantes descontos en produtos de tempada e amplían o seu horario habitual ata as 00h. Numerosas persoas percorrían este circuíto comercial.

Ademais, a edición deste ano, que organiza novamente O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), incorpora novas propostas. “O evento contará con dous espazos diferenciados: a “zona comercial” e a “zona de premios”. A zona comercial fai referencia ás rúas do Barco nas que se ubican os establecementos participantes.

 

 

Por outra banda, a chamada zona de premios está situada no pavillón vello, onde, a partir das 22h., xa se desenvolve o concurso “Xogamos!”. No xogo, que contará con varios paneis de probas e preguntas, poderán participar os clientes que presenten un tícket de compra ou consumición dos establecementos participantes na campaña.

“Establecerase un espazo acotado, cunha pantalla xigante e con sillas separadas coa debida distancia de seguridade, ao que accederán os clientes en grupos de dez persoas. A cada un deles entregaráselles unha pegatina cun número no punto de acceso e desinfección Covid. Unha vez dentro do recinto, a asociación elixirá ao azar, extraendo un número do 1 ao 10, que participante comeza o xogo. Os xogadores deberán superar os paneis se queren ser premiados con vales de compra ou regalos doados polos asociados”, explican dende o CCA O Barco.

Sorteo dunha televisión

Os paneis incluirán preguntas sobre cultura xeral, probas de música nas que deberá adiviñarse o nome da canción e o/a autor/a; ou probas de prezo xusto, nas que os participantes competirán por levarse un regalo. Posteriormente, entre todos os participantes sortearase unha televisión de plasma de 32 pulgadas. Os clientes deberán cubrir co seu nome e un teléfono unha rifa de participación e depositala na urna. Ao rematar o xogo extraerase ao azar a rifa premiada.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-novidosa-viii-noite-branca-do-barco-cca-conquista-ao-publico-e-vence-a-chuvia/

Artigos relacionados

Back to top button