CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Cobrándose a cabeza do dragón

O Teatro Lauro Olmo do Barco acollía na noite do 24 de marzo a representación do primeiro Valle-Inclán en galego co selo de Excéntricas

Un trasno, un príncipe perseguido, reis, un cego profético, un bufón en paro, bandidos, unha taberneira, unha princesa abandonada á súa sorte… e un dragón. A galería de personaxes cos que cobra vida “A cabeza do dragón” é sumamente diversa, trepidante e, por suposto, esperténtica. Esta montaxe de Producións Teatráis Excéntricas é a primeira versión galega dunha peza de Ramón del Valle-Inclán.

Representábase na noite do 24 de marzo sobre o escenario dun Teatro Lauro Olmo do Barco ateigado de público. A súa dramaturxia e dirección é obra de Quico Cadaval, quen ademais, a modo de singular narrador, comparte escenario con sete destacados actores: Iván Marcos, Yelena Molina, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto e Marcos Orsi. Destaca ademais na montaxe, entre outras cuestións, a coidada escenografía e o espazo lumínico. É unha intensa farsa cun final insólito, como o propio narrador anuncia segundos antes do remate.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button