OurenseÚltima hora

“Cociña Ourense” súmase á loita contra o COVID-19

Esta asociación ourensá de cociñeiros ponse á disposición dos centros hospitalarios e sociais na provincia

Os membros de Cociña Ourense, co presidente da Deputación nun acto./ Foto cedida.

 

A Asociación “Cociña Ourense”, da que forman parte trece chefs da provincia, vén de amosar a súa disposición de colaborar no que sexa necesario desde o punto de vista gastronómico e de cociña con centros hospitalarios e sociais para loitar contra a pandemia do COVID-19. Así llo transmitía hoxe o seu presidente, Miguel González, ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Os integrantes “Cociña Ourense”, entre os que está Anxo Trives, amosan a súa vontade de axudar de maneira voluntaria e sen ánimo de lucro nos labores que determinen as xerencias e ámbitos directivos de centros sanitarios e sociais, desde traballos de cociña ata a confección de menús, “todo o que consideren que a nosa experiencia pode aportar”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close