Publicidade
ConcellosLaroucoÚltima hora

“Cociñando a serra de Larouco”, con Anxo Trives e Gerson Iglesias a finais de xullo

Este curso de cociña, promovido polo Concello de Larouco, impartirase en dous grupos cun máximo de 15 persoas

Publicidade
O chef Anxo Trives será un dos docentes do curso que organizará en xullo o Concello de Larouco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Poñer en valor os produtos locais, aprender novas receitas con eles e a importancia da temporalidade, así como descubrir o seu impacto na economía de Valdeorras. Con estes obxectivos impartirase a finais de xullo en Larouco o curso de cociña “Cociñando a serra de Larouco”.

Esta iniciativa, promovida polo Concello de Larouco, contará como docentes cos chefs Anxo Trives do Hostal La Viuda e con Gerson Iglesias. “A proposta estará baseada en receitas sans, equilibradas e sostibles. Farase entrega a cada alumno/a dun dossier cos fundamentos teóricos e fichas técnicas das receitas. Tras unha pequena introdución teórica, os participantes realizarán unha serie de receitas con produtos de proximidade e de tempada”, explican estes dous cociñeiros. Rematarán con degustación compartindo opinións, suxestións e dúbidas.

Os participantes no curso repartiranse en dous grupos cun máximo de 15 persoas en cada un deles. O primeiro grupo terá clases os días 20, 21 e 22 de xullo en horario de 16:30h. a 20:30h. Nesta primeira semana a temática será máis tradicional “Cociñando tradición, cociñando a nosa comarca”.

Nela os asistentes aprenderán a facer as seguintes receitas:
1) Empanada de shiitake de Trives con fariña de castaña amarelante.
2) Faba loba con cogumelos.
3) Filloas recheas de castañas amarelante.
4) Pesegos ao viño DO Valdeorras.

A formación do segundo grupo farase os días 27, 28 e 29 de xullo en horario de 16:30h a 20:30h. Neste segundo semana, haberá elaboracións, sabores e técnicas máis modernas, pero “sempre sen perder de vista o obxectivo de dar valor ao noso produto, produtores”, din os docentes.

As receitas previstas nas serán:
1) Botelo ao sal (envolto en follas de vides).
2) Arroz ao viño tinto con shiitake de Trives.
3) Brownie de faba loba.
4) Requeixo de faba loba (tofu).

Inscricións

As persoas interesadas en asistir a este curso de cociña poderán inscribirse chamando ao teléfono do Concello de Larouco: 988 348002. “As inscricións serán por orde de chegada e terán prioridade as persoas empadroadas en Larouco. O número máximo de participantes por grupo será de 15, segundo informa o Concello de Larouco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close