Xa está entre fogos o primeiro grupo do curso “Cociñando a serra de Larouco”, no que participan 15 persoas. Estase a impartir dende o 20 de xullo da man do chef Gerson Iglesias. Esta iniciativa, promovida polo Concello de Larouco, aposta por poñer en valor os produtos locais (castañas, fabas, viño, cogomelos…), aprender novas receitas con elas e a importancia da temporalidade, así como por descubrir o seu impacto na economía de Valdeorras.
As clases continuarán ata mañá 22 de xullo en horario de 16:30h. a 20:30h. Nesta primeira semana a temática do curso resulta máis tradicional “Cociñando tradición, cociñando a nosa comarca”. Os asistentes están aprendendo a facer as seguintes receitas:
1) Empanada de shiitake de Trives con fariña de castaña amarelante.
2) Faba loba con cogumelos.
3) Filloas recheas de castañas amarelante.
4) Pesegos ao viño DO Valdeorras.
A formación do segundo grupo farase os días 27, 28 e 29 de xullo en horario de 16:30h a 20:30h. No que se prevé xa a incorporación de Anxo Trives. Neste segundo semana, haberá elaboracións, sabores e técnicas máis modernas, pero “sempre sen perder de vista o obxectivo de dar valor ao noso produto, produtores”, din os docentes.
Fotos cedidas.