ConcellosFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

Cociñando con Rocío Garrido na praza Maior do Barco

Numeroros cativos e adultos participaron nos obradoiros de cociña das Festas do Cristo

De primeiro, mini amburguesas con vexetais, e de postre, trufas de oreo con chocolate ou coco. Foron os pratos que elaboraron os preto de trinta cativos que na tarde do 12 de setembro participaban no obradoiro de cociña impartido por Rocío Garrido.

A proposta gastronómica era unha das novidades no programa deste ano nas Festas do Cristo do Barco de Valdeorras e a iniciativa foi todo un éxito. Unha hora despois da cociña cos máis pequenos da vila, o escenario cambiaba de tercio e eran preto dunha vintena os adultos que asistían a clase da cociñeira. Entre os pratos elaborados e catados in situ, había “Falso paté de cangrejo”, “Ensalada de alubias con mexilóns”, “Arroz con algas wakame” e “Hovos escalfados”. Pratos sinxelos e saborosos “que nos poden sacar dun apuro” aseguraba Rocío aos asistentes.

O apartado musical da actividade correu por conta de Dj Roch (Ton y Son).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button