OurenseÚltima hora

Cóctel de circo e teatro con “Oníricus”, na terraza do Auditorio de Ourense

 

O poder dos soños move aos dous protagonistas de “Oníricus”, unha singular proposta para todos os públicos que funde de teatro e circo. Poñíase en escena nesta tarde de xoves na terraza do Auditorio de Ourense da man da compañía La Troupe Malabó.

Nela cóntase, buscando a complicidade do público, como dous aloucados mozos de circo, que soñan con converterse algún día en verdadeiros artistas, atópanse co desafiuzamento do circo no que traballan. Deciden fuxir e renderse pero grazas ao público seguen adiante co seu soño. O espectáculo debe continuar e nace un novo circo. Polo tanto, non vale renderse, os soños nunca deben abandonarse.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button