EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A coctelería acrobática de Carlos Abilleira, na Maltería do Barco

Cunha “Verbena summer chill” e unha “sesión barman” moi especial sorprendía ao público La Maltería na noite do 22 de xullo. A terraza deste establecemento barquense, situado na praza Andrés de Prada, achegaba un recital de refrescantes copas. Estaban elaboradas por un barman e, no caso dos cócteles, por Carlos Abilleira, campión de Galicia de Flair, quen despregaba unha sesión de coctelería acrobática mentres preparaba cada un dos pedidos.

Numerosas persoas desfrutaban da velada e saboreaban caipiriñas, mojitos ou gin tonics, entre outras bebidas e combinados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button