ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Coedo celebra a festa de San Antonio Abade

Os veciños da localidade barquense acompañaron á imaxe do santo en procesión

Pasadas as 13 horas do domingo 17 de xaneiro, a imaxe de San Antonio Abade saída da capela de Coedo (O Barco de Valdeorras) da man de catro mozos para comezar a procesión polo pobo. De seguido, saía a imaxe da Virxe e detrás os devotos do santo acompañándoo no seu percorrido no que non faltou a música dos gaiteiros. Con este acto os veciños honraron un ano máis ao seu patrón, unha cita á que non faltaron as tradicionais roscas, á venda na entrada da capela.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button