ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Coedo (O Barco) honra ao seu patrón, San Antonio

A procesión coa imaxe do santo e da Virxe percorría as rúas desta localidade ás 13h. deste 17 de xaneiro

A localidade barquense de Coedo está a celebrar neste 17 de xaneiro a súa festa patronal na honra de San Antonio Abade. Ao longo da mañá sucedíanse as eucaristías, tendo lugar a misa maior ás 13h.

Xusto antes desta misa maior, os mozos sacaban en procesión pola localidade a imaxe deste santo e as mulleres a da Virxe, acompañados por numersos veciños pola música da charanga Brisas do Sil. Logo, dábase paso á eucaristía, oficiada por dous sacerdotes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close