OurenseÚltima hora

“Coeur d’armazigh”, da artista Nuria Guardiola, nova exposición do Museo Municipal

A mostra da viguesa estará nas salas I e II do museo até o 25 de setembro
A mostra da viguesa Nuria Guardiola estará en Ourense até setembro.
A mostra da viguesa Nuria Guardiola estará en Ourense até setembro.

O Museo Municipal de Ourense acolle dende onte unha nova exposición: “Coeur d’armazigh” é unha mostra que asina a artista viguesa Nuria Guardiola, que estará aberta ao público nas salas I e II até o 25 de setembro.

A presentación tivo lugar onte nun acto que contou coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

A autora trata de plasmar unha viaxe dende os seus inicios como creadora até a actualidade. Mestura experiencias persoais con conflitos emocionais e creacións a partir de elementos indusriais extraídos de diversos puntos da xeografía.

Artigos relacionados

Back to top button