CulturaMúsicaÚltima hora

Colaboración a prol da música en Allariz

O Concello e a Asociación Cultural Unión Musical de Allariz veñen de asinar un convenio
Sinatura entre o alcalde de Allariz e o director da Banda de Música.
Sinatura entre o alcalde de Allariz e o director da Banda de Música.

O Concello de Allariz vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Unión Musical de Allariz. O documento, asinado polo Alcalde Francisco García e o director da Banda, José Manuel Vega, inclúe a cesión por parte do Concello, do uso de espazos municipais á Asociación cultural Unión Musical de Allariz para o funcionamento da Escola de Música e correrá cos gastos das mesmas, ademais de 30 cadeiras e da percusión adquirida para o funcionamento da Escola e da Banda.

A Banda Unión Musical de Allariz, pola súa parte, participará na programación cultural-musical que establece o calendario do Concello de Allariz, realizando un mínimo de 10 actuacións anuais que se desenvolverán preferentemente nas festas organizadas polo Concello, que tamén, procurará favorecer o intercambio musical da Banda con outras agrupacións musicais dos concellos cos que se manteñen relacións de cooperación.

A Escola da Banda de Música de Allariz abre novo prazo de matrícula para participar nas clases semanais de linguaxe musical, iniciación (6 anos), frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, ruba, bombardino, percusión e banda infantil. Información e matrícula no teléfono 617 65 20 47.

Artigos relacionados

Back to top button