OurenseÚltima hora

Colaboración entre o CCA Coutro Centro e o Ourense C.F.

Os colectivos asinan un convenio para que os clientes dos asociados poidan asistir ás actividades do club de fútbol
Representantes do CCA Couto Centro e do Ourense C.F.
Representantes do CCA Couto Centro e do Ourense C.F.

A Asociación de Comerciantes do Couto (CCA Couto Centro) e o Ourense Club de Fútbol veñen de asinar un acordo de colaboración grazas ao cal a partires de agora, a Asociación entregará a cada comercio asociado 5 entradas (xentileza do Ourense C.F.) para ver os partidos que o club dispute en casa, para que as podan sortear ou regalar entre os seus clientes.

Asemade, a entidade deportiva ofrecerá a cada comerciante un convite ás actividades paralelas (non deportivas) celebradas polo club nesta tempada.

A sinatura do convenio tiña lugar na mañá do 21 de outubro na sede do CCA Couto Centro e contou coa presenza de Montse Estévez e Manu Cerón en representación do Ourense C.F., e de Enátali Fernández en representación da asociación comercial.

Artigos relacionados

Back to top button