OurenseÚltima hora

Colaboración entre o CCA Ourense Centro e a EASD Antonio Faílde

As dúas entidades firman un convenio para a realización de prácticas dos alumnos da Escola de Arte de Ourense
Firma do convenio entre o representante da escola e o presidente do CCA Ourense Centro.
Firma do convenio entre o representante da escola e o presidente do CCA Ourense Centro.

Co obxectivo de levar a cabo actividades que aporten maior experiencia práctica en canto á formación dos alumnos, o CCA Ourense Centro e a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde veñen de firmar un acordo de colaboración.

Esta colaboración entre as dúas entidades ourensás supón “a posta a disposición dos alumnos da escola de rte, dos medios do CCA Ourense Centro que lles permitirán a realización dunha serie de prácticas para desenvolver a formación recibida no centro educatico” tal como explican dende o centro comercial aberto.

Este convenio farase efectivo a comezos do 2015, e as actividades desenvolveranse ao longo do ano académico, sendo a primeira unha iniciativa “onde se xoga coa visión, o recuerdo, a creatividade fotográfica e a tradición comercial da cidade” adiantan de Ourense Centro.

Artigos relacionados

Back to top button