CulturaEducación

Colaboración entre o CPETIG e a Universidade de Vigo

Recoñecemento académico da experiencia profesional na área da enxeñería técnica informática avalada polo CPETIG
Marcos Mata Mansilla, presidente do CPETIG e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.
Marcos Mata Mansilla, presidente do CPETIG e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) vén de asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo (UVIGO) para o “recoñecemento académico da experiencia profesional na área da enxeñería técnica informática avalada polo CPETIG a través do seu servizo CEPRAL” tal como explican dende o Colexio.

A sinatura tiña lugar na mañá do 2 de novembro no Salón de Graos da Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) do Campus de Ourense, entre Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Marcos Mata Mansilla, presidente do CPETIG.

Grazas a este convenio, os estudantes da UVIGO que conten cun certificado CEPRAL (servizo de Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais) poderán convalidar esa experiencia por créditos para as titulacións de informática.

Tras esta firma a Universidade de Vigo convértese na primeira de Galicia en aceptar estes certificados, tras a sinatura do acordo coa Universidade Oberta de Cataluña o pasado outubro. Nas vindeiras semanas está previsto formalizalo tamén coas Universidades de Santiago e A Coruña, tal como informan dende o CPETIG.

Artigos relacionados

Back to top button