OurenseÚltima hora

O Colexio de Aparelladores de Ourense asina un convenio con Cáritas para exonerala do pago de visados

O acordo terá carácter anual e nel a institución benéfica comprométese a contratar os servizos dos profesionais deste colexio
Un dos momentos da sinatura do convenio.

Cáritas Diocesana de Ourense e o Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros da Edificación (COAATIE) de Ourense veñen de asinar a primeiros de febreiro un acordo de colaboración polo cal esta entidade colexial se compromete a exonerar á institución benéfica do “pago das taxas de visado derivadas dos traballos” dos profesionais aos que se lles encarguen labores de “inspección, dirección ou coordinación de bens inmobles destinados a fins sociais e humanitarios que sexan de titularidade dominical ou arrendataria da entidade”.

 

Representantes do COAATIE e de Cáritas de Ourense durante o acto da sinatura.

Pola súa banda, Cáritas Diocesana comprométese a “contratar os servizos profesionais de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros da Edificación colexiados no COAATIE de Ourense, para a realización dos traballos que estan exonerados das taxas de visado”, segundo figura no acordo.

Este convenio terá unha vixencia anual e ten sido asinado polo presidente do COAATIE e pola directora de Cáritas Diocesana de Ourense, María Tabarés Domínguez.

Fotos cedidas polo COAATIE.

Artigos relacionados

Back to top button