SanidadeÚltima hora

O Colexio de Médicos de Ourense organiza un curso de anticoncepción para profesionais

Esta formación vai dirixida a matronas, persoal de enfermería, médicos de Atención Primaria, xinecólogos, traballadores sociais e psicólogos e farase os días 17, 24 e 31 de xaneiro

Dentro do seu programa formativo, o Colexio Médico de Ourense, en colaboración coa Sociedade Galega de Contracepción (SOGAC), vai celebrar os días 17, 24 e 31 de xaneiro, un curso de actualización en anticonceptivos dirixido a matronas, persoal de enfermería, médicos de Atención Primaria, xinecólogos, traballadores sociais e psicólogos.

O obxectivo desta formación é actualizar os coñecementos sobre métodos dispoñibles para capacitar aos profesionais no consello individualizado e axeitado para os seus pacientes, incluíndo temas como a anticoncepción de urxencia e a interrupción voluntaria do embarazo. Ademais, analizarán as dificultades que xorden na práctica clínica diaria, e a forma de promover o uso da anticoncepción entre a poboación.

 

Artigos relacionados

Back to top button