SanidadeÚltima hora

O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense cumpre cen anos

Esta entidade, que preside o farmacéutico do Bolo Vicente J. Álvarez, prepara diferentes actos que se desenvolverán ao longo do 2018

 

Escudo do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense./ Foto: Óscar Corral.

O salón de sesións da Deputación de Ourense acollía o 3 de xaneiro de 1918 unha reunión de 34 farmacéuticos. Naquel encontro constituíase legamente o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense (COFO) que agora cumpre cen anos de vida. Este organismo colexial representa na actualidade a 570 farmacéuticos que exercen a súa profesión na provincia, a maior parte deles nas 185 boticas do territorio ourensán.

Para celebrar este centenario o colexio, que preside o farmacéutico do Bolo Vicente J. Álvarez, prepara diferentes actos que se desenvolverán ao longo do 2018 e que veñen de iniciarse cunha campaña de insercións publicitarias nos medios de comunicación. Ademais os farmacéuticos voltarán a reunirse na mañá do 3 de xaneiro no mesmo lugar no que nacía hai 100 anos o COFO.

Estas actividades porán o seu foco nos colexiados, que “son a alma da institución e os verdadeiros protagonistas desta celebración”, sinala Vicente J. Álvarez. O acto dentral está previsto para o mes de abril, no marco dunha xornada técnica no Liceo de Ourense en torno a cal espérase reunir a todos os colexiados da provincia.

Ao mesmo tempo, o COFO proxecta editar un libro conmemorativo do centenario que poña en valor a historia da institución e tamén realizar un ciclo de conferencias e xornadas sobre saúde e farmacia.

Artigos relacionados

Back to top button