ConcellosÚltima hora

Colisión frontal entre dous turismos na N-120 ao seu paso polo Barco

Como consecuencia do accidente falecía un bebé e resultaban feridas outras catro persoas

 

En torno ás 14:30h. do 29 de xuño un Renault Megane que circulaba en sentido Ourense pola estrada N-120, ao seu paso polo Barco, chocaba frontalmente cun Volkswagen Golf. O accidente producíase á altura do P.Km. 454,300. Como resultado da colisión resultaban feridas de diversa consideración cinco persoas. Pouco despois, un dos feridos, un bebé de 40 días que viaxaba no Renault Megane, falecía.

 

O condutor deste vehículo resultaba ferido leve, mentres a nai do bebé, natural de Brasil e con familiares en Monforte de Lemos, está ferida grave e a cuarta ocupante do turismo ferida leve. En canto a condutora do Volkswagen Golf, veciña de Vigo, está ferida leve.

Ata o lugar do sinistro desprazábase a Garda Civil de Tráfico e foi necesaria a intervención dun equipo do GES do Barco, dos Bombeiros de Valdeorras e de 3 ambulancias.

Estanse investigando as causas polas cales o Renault Megane invadiu o carril contrario e chocou contra o outro vehículo que circulaba por el.

Artigos relacionados

Back to top button