ConcellosÚltima hora

Colisión múltiple en pleno casco urbano de Trives

 

Na rúa San Martín de Trives, en pleno centro da vila, producíase arredor das 12:30h. da mañá de onte 30 de setembro unha colisión na que se vían involucrados catro vehículos, se ben ningunha persoa resultaba ferida como consecuencia do accidente.

Un dos vehículos implicados circulaba no que era sentido único de circulación durante todo o verán e ata datas recentes nesta rúa, pero que agora volve ter circulación en ambos sentidos. Ata o lugar desprazábase a Garda Civil.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button