ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Coloreando e contando tradicións no Magosto da Biblioteca de Verín

Ademais dos papeis, lapis de cores, pegamento ou as tesoiras, tamén estaban as castañas. Con manualidades e antigas lendas festexábase o Magosto na Biblioteca Municipal de Verín na tarde do 10 de novembro. Unha vintena de nenos/as de entre 3 e 9 anos participaban nesta divertida iniciativa de animación á lectura coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca.

Nesta ocasión o contancontos incluía lendas e historias contadas, antigamente, polos avós e avoas ao lado do lume, na lareira.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button