ConcellosÚltima hora

Coloreando a “sal da vida” e contando contos, na Biblioteca de Verín

Esta actividade de dinamización e fomento da lectura foi coordinada por voluntarios e por persoal desta instalación cultural

Nova cita coa creatividade, o xogo, a fantasía e as historias na Biblioteca Municipal de Verín. Na tarde do 24 de marzo esta instalación cultural acollía a actividade de manualidades e contacontos “A sal da vida”. Estaba destinada a cativos de entre 3 e 9 anos e consistía en contacontos de animais e nunha manualidade na que se botaba man de materiais reciclados.

Esta iniciativa foi coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e por persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Forma parte da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button