CulturaCulturaÚltima hora

Coloristas ás de bolboreta, no novo mural de Fernando Barreira en Verín

Este novo mural está na praza García Barbón de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

Neste venres o Concello de Verín vén de inaugurar un novo mural de gran formato realizado polo artista local, Fernando Barreira, no que -a modo de photocall- veciños e visitantes poderán inmortalizarse cunhas espectaculares ás de bolboreta na praza García Barbón. O acto oficial contaba coa presenza de Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e do creador da obra Fernando Barreira.

O deseño das mesmas está fortemente marcado polo inconfundible e único estilo de Barreira, sempre definido por unha gama cromática fortemente colorista que non deixa a ninguén indiferente. “Verín dáche ás”: amparándose neste slogan, o autor destacou que “este deseño responde a unha idea orixinal do Concello e representa varios dos valores dos que nos transmite esta institución municipal” como son a seguridade ou a súa capacidade de impuxo estratéxico da vila e da súa cidadanía.

Seoane explicou durante a presentación que esta acción está englobada no marco estratéxico do plan de humanización da vila. “O que buscamos con esta tipoloxía de accións é devolverlle a vida a certas zonas degradadas e transformalas achegando cor e alegría aos diferentes espazos, utilizando diferentes formatos de arte urbana”.

O mural, que mide oito metros de largo por cinco de alto, esta formado por dous pares de coloridas ás especialmente deseñadas para que veciños e visitantes poidan inmortalizar, a modo de photocall, o seu ademán de bolboreta cunha fotografía.

Fernando Barreira aproveitoua súa intervención para lembrar que cede en exclusiva ao Concello todos os dereitos de explotación da obra. Ademais, o autor obsequiou tamén ao ente municipal cun deseño orixinal dun chaveiro coa marca Verín que será presentado en breve publicamente.

Artigos relacionados

Back to top button