ConcellosÚltima hora

A comarca de Ourense xera preto do 80% dos empregos na provincia no último ano

Ten a taxa de paro acumulada dende 2012 a sete puntos por debaixo da media galega
Un momento da presentación do Observatorio Económico da Deputación, esta mañá, en Barbadás.
Un momento da presentación do Observatorio Económico da Deputación, esta mañá, en Barbadás.

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, presentou esta mañá no Concello de Barbadás o último dos estudos deste ano realizados no marco do Observatorio Económico Ourensán, aportando así os datos sobre emprego da comarca de Ourense. Deste xeito, as conclusións da análise arroxan que o principal núcleo laboral da provincia xerou preto do 80% do emprego neto creado no último ano. Non obstante, os datos en canto á taxa de paro acumulada dende a crise din que a zona de Ourense está sete puntos por debaixo da media galega.

“A cidade de Ourense e os once municipios cos que comparte unidade territorial están a xerar catro de cada cinco novos empregos, o que se converte no epicentro da recuperación laboral de Ourense”, explicou Rodríguez na súa intervención. Ademais, o xerente do Inorde sinalou que estes datos son “superiores” aos que lle correspondería en función do peso relativo que ten sobre as afiliacións. “Con preto de 50.000 afiliados”, continuou, “esta comarca sostén agora mesmo o 51% do emprego provincial”. Cre así, segundo dixo, que o protagonismo da zona na recuperación económica e laboral resulta “moi salientable”.

No 2015, a comarca ourensá creou un 1,2% de emprego neto, con repuntes nos catro grandes sectores productivos: 1,4% no sector servizos; 1,1% en industria; 0,8% na agricultura e 0,2% na construcción. Na área dos servizos, o Observatorio Económico prevé que, de manter o ritmo de crecemento, “en decembro estaríamos fallando dun teito histórico de 40.000 empregos nas diferentes actividades vinculadas aso servizos”, postulou Rodríguez.

Nembargantes, o repunte do sector servizos tradúcese nun continuo retroceso na construcción. Así, este sector sostén actualmente 3.190 postos de traballo e non logra acadar as cifras cas que contaba antes da crise. “A data de hoxe faría falla crear 2.300 empregos” para conseguir recuperar a productividade de anos anteriores.

Entre os municipios que tiran da locomotora do emprego están San Cibrao das Viñas (4,1%), Barbadás (4,4%), A Peroxa (3,6%), Esgos (3,5%), Coles (2,7%), Pereiro de Aguiar (2,5%), Ourense (0,8%), Toén (0,8%) e Vilamarín (0,3%). Romperon a tendencia da recuperación nas afiliacións á Seguridade Social Nogueira de Ramuín (-1,1%), Amoeiro (-3,4%) e Taboadela (-4,4%).

En canto ao desemprego, o Observatorio Económico rexistra unha “notable” redución de parados no último ano na comarca de Ourense, por ter nove concellos en tendencia favorable . Os datos amoscan así un descenso interanual do paro dun 7,5%. En termos de taxa acumulada desde o inicio da cris e, o paro comarcal aínda reflecte un incremento do 38,9%, e equivale a case oigo puntos porcentuais menos que a media gallega, situada no 46,7%.

Sobre o poder adquisitivo dos pensionistas da comarca de Ourense, o estudo presentado hoxe en Barbadás recolle que a pensión media está cifrada en 837,3 euros, a máis alta da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button