ConcellosÚltima hora

Combate entre mouros e cristiáns en Rairiz de Veiga

A tradicional Romaría da Saínza celébrase esta fin de semana cun completo programa de actividades
Un momento da batalla entre mouros e cristiáns no campo da Saínza./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento da batalla entre mouros e cristiáns no campo da Saínza./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un ano máis, no Concello de Rairiz de Veiga téñeno todo preparado para acoller do 23 ao 25 de setembro a Romaría da Saínza. Unha celebración que rememora parte da súa tradición, co combate entre mouros e cristiáns, no que os veciños, ataviados cos traxes representativos daquela época, dan vida a unha histórica celebración da zona, que reúne a miles de visitantes.

A presentación desta festa, mestura  historia e tradición que se vén recreando desde o ano 1840, tiña lugar na mañá do 22 de setembro no Pazo Provincial, por parte do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa do Concello de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; e do membro da asociación “Amigos da Saínza”, Jose Antonio Cao.

Segundo adiantou Jose Antonio Cao, o programa de actividades arranca mañá, venres 23 de setembro pola mañá, cunha tirada de bombas de palenque. Pola tarde, ás 17:30 horas, os máis cativos poderán gozar no campo da festa dos xogos populares e da representación do combate de mouros e cristiáns con títeres. E xa pola noite, será a quenda para a música que  correrá por conta da orquestra Galilea. A partires das 3 da madrugada, comezará o XI Festival Noite Moura co grupo Ménage á Trois.

Rosendo Fernández, Asunción Morgade e José Antonio Cao na presentación da Romaría da Saínza.
Rosendo Fernández, Asunción Morgade e José Antonio Cao na presentación da Romaría da Saínza.

Ao día seguinte, o sábado 24 de setembro ás 12:30 horas, terá lugar o por primeira vez un mercado específico de artesanía que estará aberto durante toda a tarde. Ás 20 horas, os máis cativos poderán deleitarse no Campo do Castelo coa V edición de “O meu primer combate de mouros e cristiáns”. Ese día será a orquestra Royal a encargada de amenizar a xornada a partir das 22 horas, para posteriormente, celebrar o “Asalto ao Castelo” por parte dos Mouros. A media noite será a gran tirada de fogos artificiais e despois, continuará a música, con Royal e o XI Festival Noite Moura da man do grupo Derroche.

Por último, o domingo 25 de setembro, as actividades comenzarán cedo, ás 9 horas coa traca de bombas de palenque. O pasarrúas a cargo da Escola de Gaitas da Deputación e a procesión, desde a Igrexa de Rairiz de Veiga ata o Castelo da Saínza, será ás 12 horas e, trala da misa celebrada no campo de batalla, en torno ás 13 horas, será a quenda para o emblemático “Combate de mouros e cristiáns” no que participan unhas 80 persoas. A música nesta ocasión correrá a cargo da charanga XL e da orquestra París de Noia.

Artigos relacionados

Back to top button