ColaboraciónsOpiniónÚltima hora

Comedor escolar do CEIP Manzaneda

Carta remitida ao Periódico O Sil pola ANPA do CEIP Manzaneda
Detalle do exterior do CEIP Manzaneda./ Foto: Mónica G. Bellver
Detalle do exterior do CEIP Manzaneda./ Foto: Mónica G. Bellver

A ANPA do CEIP Manzaneda denuncia a situación coa que se atopará o comedor escolar o vindeiro ano, despois de ser coñecedores de que a Consellería de Educación suprime a praza de cociñeiro, o que suporá que o próximo curso os menús dos escolares sexan servidos por un servizo de catering. Dende a ANPA opoñémonos totalmente a tal medida posto que consideramos que a calidade dos menús se vai a ver minguada ó verse os alimentos sometidos á perda de nutrientes no seu traslado. Vivimos no rural porque apostamos por un estilo de vida saudable, tamén no referido á alimentación, e, polo tanto, rexeitamos que as/os nosas/os fillas/os sexan alimentados con produtos de baixa calidade, pois o catering, ó ter un baixo presuposto, abusa de pratos precociñados e non frescos.

Consideramos que a adopción de dita medida non é outra cousa que a intención de ir suprimindo paulatinamente servizos no CEIP ata chegar ó peche total do mesmo, o que evidencia a discriminación que estamos a vivir as escolas no rural, tanto na supresión de unidades, mestres/as como, neste momento, o comedor…

Queremos denunciar, ademais, a falta de información por parte do inspector educativo e da Xefa Territorial, que, a pesares de ser conscientes da supresión da praza, en ningún momento nos recoñeceron claramente que o comedor ía pasar a ser atendido por un servizo de catering, sendo o alcalde do noso concello o que, tras reunirse en Ourense coa Xefa Territorial, nos informa de dita situación. Dende a ANPA estamos a adoptar medidas de oposición e denuncia ante o servizo de catering, como a recollida de firmas, e estamos dispostas/os a iniciar outro tipo de iniciativas como “merendas-protesta” ou concentracións ante a Delegación de Educación, sempre coa presenza dos medios, co fin acadar que o comedor da nosa escola sexa atendido do modo habitual, por un cociñeiro/a que elabore os menús dun xeito adaptado ás necesidades do alumnado.

Texto: ANPA do CEIP Manzaneda

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close