EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O comercio local fronte ao consumidor dixital

O sector participaba no foro “Novo tipo de comercio. Evolución, converxencia e innovación”, celebrado o 3 de outubro en Santiago

“Novo tipo de comercio. Evolución, converxencia e innovación”. Era o título dunha xornada sectorial celebrada en Santiago e que incluía distintas ponencias sobre estratexias do comercio de proximidade no entorno dixital ou sobre as novas tendencias no sector comercio, xunto cunha mesa redonda sobre innovación, marketing dixital, converxencia de formatos comerciais e outras cuestións que afectan ao comercio de proximidade galego.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacaba que esta evolución do comercio “non vén marcada tanto pola necesidade de adaptarse ás novas tendencias e de utilizar as novas tecnoloxías para modernizar o comercio galego, senón que o motor de cambio é ter moi claro que o novo consumidor é dixital”.

Conde apuntaba a importancia para a economía galega do sector comercial, ao que pertencen unha de cada catro empresas na nosa comunidade, preto de 49.000 compañías, salientando que, aínda que os datos de evolución das vendas e do emprego marcan unha evolución positiva, cómpre intensificar as medidas para impulsar a modernización dun sector que impulsa a sustentabilidade e a recuperación de rúas e contribúe á transformación das cidades.

Este foron ten sido organizado pola Consellería de Economía en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button