Galerías de fotosOurenseSen categorizarÚltima hora

O comercio ourensán recibe os premios do Concurso de Escaparates de Nadal

En total foron tres premios do xurado e un do público, que votou a través do Facebook

O Concurso de Escaparates de Nadal de Ourense celebrou na mañá de hoxe, 22 de decembro, o acto de entrega dos premios aos gañadores da súa vixésimo oitava edición, levada a cabo pola Concellería de Comercio e a Cámara de Comercio de Ourense. A farmacia Martínez de Paz, na rúa Francisco de Moure, a panadaría Tito da rúa Mateo de Prado, e Arte 3, en Bernardo Cachamuiña, foron os gañadores na categoría do xurado profesional. O xurado, composto por Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense, a deseñadora gráfica María García Mosquera, e a responsable da Cámara de Comercio, Cristina Durán, destacou do escaparate da Farmacia Martínez de Paz “o seu impacto visual cunha proposta clásica pero orixinal, que recrea excepcionalmente un pobo navideño”.

No caso do segundo e terceiro premio, respectivamente, salientaron a “combinación de todos os elementos cun acabado moi elegante”, no caso da Panadaría Tito; e a “acertada combinación da temática de Nadal co produto do establecemento”, no caso de Arte3. O premio popular, a través dos votos recibidos na páxina de Facebook da Concellería de Comercio, recaeu no escaparate Hada Madrina, o máis votado con 438 gústame, seguido de Pequeño Salón, con 387.

Á entrega de premios asistiron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Comercio, Flora Moure, e a secretaria da Cámara de Comercio, Victoria Rois. Os premios, non económicos, foron os seguintes: para o primeiro clasificado, un ordenador valorado en 779 euros e un diploma; para o segundo, unha televisión valorada en 699,00 euros e un diploma; para o terceiro, un equipo de son valorado en 399 euros e un diploma. O premio ao mellor escaparate, por votación popular, será unha tablet. Ademais, entre todos os participantes.

Farmacia Martínez de Paz, escaparate gañador do 1º premio.

 

Panadaría Tito, escaparate gañador do 2º premio.

 

O escaparate de Arte3 gañou o terceiro premio.

Fotos da galería: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button