PolíticaÚltima hora

Comeza o 13º Congreso Nacional Galego do partido socialista

Entre as delegación presentes neste foro, que se prolongará ata o domingo 29 de outubro, está unha valdeorresa
Delegación valdeorresa no congreso do partido socialista galego, en Santiago.

O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acollerá ao longo desta fin de semana o XIII Congreso Nacional Galego do PSdeG-PSOE. O encontro principaba a primeira hora da mañá coas acreditacións dos delegados asistentes e inaugurábase ás 11h. Durante a mañá elexirarse a mesa do congreso, proclamarase ao secretario xeral do partido socialista, Gonzalo Caballero, quen fará unha intervención. Tamén está previsto que tome a palabra o secretario de organización federal, José Luis Ábalos.

A partir das 13:30h. constituíranse as comisións e xa pola tarde desenvolverase o traballo nelas e ás sete constituírase o plenario, co debate e aprobación dos ditames das comisións.

Entre os asistentes a este XIII Congreso Nacional Galego do partido socialista figura unha delegación valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button