EconomíaEconomíaÚltima hora

Comeza a 40ª Festa do Pemento da Arnoia

Inaugurouse no día de onte, 2 de agosto, e proseguirá durante hoxe e mañá

Durante esta fin de semana está a ter lugar a corenta edición da Festa de Pemento da Arnoia. Os organizadores prevén superar os dez mil visitantes e un consumo de máis de 3 200 quilos de pementos.

 

Cartaz da actividade.

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou hoxe esta festa de vital importancia no calendario galego.“Trátase do escaparate perfecto para mostrar aos visitantes a excelencia na calidade deste produto, así como para promocionar e poñer en valor o sector primario deste municipio e da súa contorna”, afirmaba.

 

Visita de membros do goberno á celebración.

Artigos relacionados

Back to top button