Coas actividades “Paisaxes de outono I” e “Cestas e ¡ao bosque!” poñíase en marcha o programa “A Caída da folla na Ribeira Sacra” na fin de semana do 3 e 4 de outubro. Trátase dunha iniciativa promovida dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e que se estrea neste outono. Con ela perséguense dous obxectivos: “ampliar a oferta para as persoas que teñen decidido visitar Ribeira Sacra aproveitando as fins de semana de outono” e “achegar un motivo para visitar o destino nesta tempada entre os galegos e galegas que, a priori, non tiñan intención de visitarnos”.
Así na proposta “Paisaxes de outono I” participaban o 3 de outubro 30 persoas interesadas na fotografía e na súa aplicación práctica na ruta do Camiño Real no Concello de Esgos.
Logo, o día 4, as cestas ae os cogomelos foron os protagonistas das xornadas pese a choiva. Unhas 12 persoas asistían ao obradoiro de micoloxia con saída de campo en “Cestas e ¡ao bosque!” que se desenvolvían na Pobra do Brollón.
Fotos: Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil