Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Comeza a conta atrás do 52 Rallye de Ourense que se celebrará os días 7 e 8 de xuño

Entre as novidades desta edición está o novo trazado que regresa ás terras do Carballiño

En menos de quince días a provincia ourensá convertirase un ano máis no epicentro do automobilismo coa celebración dunha nova edición da carreira por asfalto que reunirá na cidade das Burgas aos mellores pilotos nacionais.

O 52 Rallye Ourense-Ourense Termal celebrase na fin de semana do 7 e 8 de xuño con importantes novidades, unha cita co motor, a gasolina e a velocidade que hoxe, 23 de maio, comezaba a conta atrás coa presentación do Salón Noble do Liceo onde se deron cita membros da organización, autoridades e colaboradores para dar conta do que depara o Rallye de Ourense neste 2019. A proba, puntuable por 47ª vez para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto (as 31 últimas consecutivas), será a quinta desta tempada e a cuarta do recén creado Súper Campionato de España de Rallyes que combina carreiras de asfalto con carreiras de terra. De feito, ser puntuable para este torneo, é unha das novidades que o presidente da Escudería Ourense Julio Bouzo explicou no acto, adiantando que este ano instaurase un novo trofeo co nome de José Luis Outeiriño, un dos fundadores da escudería recentemente falecido, ao mellor clasificado ourensán, uníndose así aos trofeos Eduardo Barreiros e Fundación Estanislao Reverter.

 

Julio Bouso, presidente da Escudería Ourense.

 

Na súa intervención, que abría o acto, Bouzo lembroua a todos os presidentes que pasaron polo colectivo, destacou o esforzo que lle supón á organización “realizar un rallye de tan alto nivel”, lembrando que o ano pasado a Real Federación Española de Automobilismo premiou á Escudería Ourense como “a mellor organizadora de todas as probas celebradas en España”. O presidente da escudería foi tamén o encargado de avanzar outra das novidades desta edición: o regreso do rallye a terras do Carballiño por onde discorrerá o terceiro tramo da xornada do sábado, completando un total de cinco (dous o venres e tres o sábado). Antes de dar paso ao presidente da RFEDA, Bouzo tamén solicitou a todas as persoas e institucións ourensás, o apoio para que o Rallye de Ourense siga sendo “un referente e escaparate da nosa provincia a nivel estatal”.

 

Mapa do 52 Rallye de Ourense.

 

Manuel Aviñó destacou a importancia económica que ten este rallye para a provincia, aproveitando a ocasión para agradecer á organización “o esforzo que cada ano realiza para que esté situado á cabeza de todas as probas automobilísticas de España”. Ao acto, tampouco faltou o presidente da Deputación, Manuel Baltar quen destacou que esta proba “reflicte a capacidade organizativa de Escudaría Ourense e supón un escaparate inmellorable para amosar a riqueza paisaxística dos nove concellos polos que este ano discorre a proba. “Todo elo suporá un magnífico exemplo dun rallye perfectamente organizado que conta co apoio das administracións, e así vai seguir sendo, pois a Deputación de Ourense aproba ano tras ano unha achega económica en función da edición que corresponde: esta ano son 52.000 euros, o vindeiro ano serán 53.000 euros, e así se irá incrementando en todas as edicións”.

Pola súa banda, o secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, lembrou a figura de Estanislao Reverter como “o pai do automobilismo galego”, destacando ademais que un de cada tres rallyes de España (tanto de terra como de asfalto) celébranse en Galicia, “sen dúbida grazas ao arraigo e bo saber facer dos organizadores”.

 

Tramos do sábado polas terras do Carballiño.

 

O encargado de pechar o turno de intervencións era o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacando a importancia do Rallye de Ourense como “escaparate da cidade e da provincia”, aínda que tamén estiveron presentes entre outros, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o concelleiro de Deportes do Carballiño, Manuel Dacal; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; a directora de Expourense, Emma González; o candidato socialista á alcaldía de Ourense, Rafael R. Villarino; e Jaime Pereira en representación da CEO.

A proba consta dun percorrido total de 563,91 quilómetros dos cales 176,62 son cronometrados con saída o venres pola tarde e entrega de premios o sábado pola noite no Xardín do Posío.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button