CulturaCulturaÚltima hora

Comeza a conta atrás para o I Festival da Comedia en Manzaneda vila

A cita co humor e a música será o vindeiro sábado 30 de xullo no polideportivo municipal

 

A cinco días para a data, comeza xa a conta atrás para o I Festival da Comedia que se celebrará o vindeiro sábado 30 de xullo no polideportivo municipal de Manzaneda.

O programa, organizado e producido por La Ruina Producciones, comezará en torno ás 12:30 horas coa apertura de portas e posterior actuación de Airiños da Porta Falsa. Ás 14 horas haberá un gran xantar popular, con menú adulto e infantil; e xa pola tarde, en torno ás 18 horas actuarán os monologuistas. Polo escenario da ‘Manzaneda Comedy’ pasarán nesta primeira edición tres humoristas de primeiro nivel: Dani Fontecha o Sr. Rogelio de El Hormiguero; Duarte Galbán da TVG; e Xosé Touriñán.

O público que así o desexe poderá facerse fotos cos artistas tralas actuacións, en torno ás 21 horas. O apartado musical correrá a cargo de El Pacto Rock Band, músicos profesionais como Javier Alzola saxofonista da banda Fito Fitopaldis que actuarán ás 22 horas rematando o evento con Dj Cabra.

Artigos relacionados

Back to top button