Galerías de fotosÚltima hora

Comeza a funcionar un novo supermercado no Barco

Tal e como estaba previsto, na mañá deste mércores 20 de maio vén de abrir as súas portas un novo supermercado no Barco. Trátase do Mercadona, situado nun dos accesos á vila, nas proximidades do campo de fútbol de Calabagueiros.

Dende primeira hora da mañá xa se observaba unha notable afluencia de público accedendo ás súas instalacións.

Este novo establecemento crea 37 postos de traballo neste concello valdeorrés, segundo adiantaba no pleno ordinario de maio o grupo de goberno municipal do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button
Close