ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Comeza a I Xincana do Comercio Samaín no Barco

 

Meigas, pantamas, zombies e outro tipo de seres terroríficos concentrábanse pasadas as catro e media da tarde deste 31 de outubro na praza do Concello do Barco. Dende aí partía a I Xincana do Comercio Samaín que organizaba o Centro Comercial Aberto (CCA) da vila e na que participaban uns 15 grupos. Competirán nas vindeiras dúas horas (é dicir ata as sete da tarde) polos tres premios da cita: un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros, todos eles en vales de compra que poderán ser canxeados en calquera dos establecementos da campaña ata o 22 de novembro.

Tras recibir as instrucións da organización e os “pasaportes comerciais” coas seis rutas posibles (cun total de 36 establecementos), comezabao percorrido. O ganador será o que consiga o maior número de establecementos e, en caso de empate, o que teña máis establecementos en menor tempo.

Nos establecementos eran tamén recibidos con golosinas e na rúa había unha ambientación de monstros e malabares de lume.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button