ConcellosTrivesÚltima hora

Comeza a instalación de novas luminarias Led no municipio de Trives

 

Na mañá deste 13 de xaneiro vén de iniciarse a instalación de novas luminarias Led, subvencionadas polo IDAE (organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica) no municipio da Pobra de Trives. En concreto, este traballos daban comezo na localidade de Mendoia.

“Comenzamos polo rural porque a nosa vila non sería a mesma sen que haxa vida tamén nas parroquias.
Isto supón un paso importante e de xigante de cara á modernización dos nosos pobos, de aforro en consumo enerxético e de compromiso coa sustentatibilidade ambiental”, tal e como explican dende o Concello de Trives.

Así mesmo, dende o goberno local lembran que “en menos de un ano e medio solicitamos a subvención, mantivemos reunións técnicas, presentamos os proxectos, aprobáronos e concedéronnos esta importante axuda de preto de medio millón de euros e agora comenzamos as obras para que en moi poucos meses todos os nosos pobos e a nosa vila disfruten de este importante avance”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button