Ourense

Comeza a limpeza da Ponte Vella de Ourense

Pontevellalimpeza

A Ponte Vella de Ourense lucirá en breve unha nova face. Acaban de comezar a súa limpeza co fin de atallar a problemática de suciedade que dende hai tempo se detecta na ponte. Estes traballos, que durarán dous meses, consistirán na retirada da vexetación superior e musgos, así como na eliminación dos grafitis existentes e dos depósitos materiais que poidan favorecer o enraizamento das plantas.

A ponte romana forma parte do Patrimonio Histórico de Galicia, é un ben de interese cultural e monumento histórico dende 1961 e hoxe en día constitúe un dos tres símbolos principais da cidade, xunto As Burgas e a Catedral.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button