En portadaÚltima hora

Comeza a recollida de cogomelos

Javier Casillas e Ana Ribeiro collían 64 choupís en Castro Caldelas
Javier Casillas e Ana Ribeiro cos choupís.

Tardou en chegar pero parece que as recentes chuvias e as altas temperaturas que estamos a ter no oriente ourensán propiciaron a saída dos tan esperados cogomelos, polo menos de algunhas especies como o choupín.

Así o demostra o cargamento co que Javier Casillas e Ana Ribeiro volvían para casa o sábado 20 de outbro. A parella collía nada máis e nada menos que 64 choupís de diferentes tamaños, algúns moi grandes, non montes de Castro Caldelas.

Unha tarde produtiva que esperemos non sexa a última.

 

A parella, collendo os cogomelos en Castro Caldelas.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button