EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Comeza a recollida de uva na D.O. Ribeira Sacra

Algueira, adega situada no municipio de Sober na subzona de Amandi (Luga), abría a campaña en parcelas determinadas
Vendima na Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

Coincidindo no tempo con Valdeorras, unha adega da Ribeira Sacra inicia neste 11 de setembro a vendima nesta denominación. Trátase, segundo notificaba o seu consello regulador, de Adega Algueira, situada no municipio de Sober na subzona de Amandi.

“Esta adega comezará coa recollida en parcelas determinadas, nas que o estado da uva é óptimo para a súa recollida”, segundo o CRDO Ribeira Sacra. Os técnicos deste consello regulador levan dúas semanas efectuando os controis de maduración en parcelas representativas das cinco subzonas da denominación. “Os resultados destes controis axudarán a establecer unha data oficial para o inicio xeralizado da campaña de vendima 2018 no territorio da denominación de orixe”, segundo o consello.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button