ConcellosÚltima hora

Comeza a remodelación da praza Galicia, na Rúa

A primeira fase das obras inclúe a construción dun parque infantil e dunha zona para maiores
A praza Galicia, en obras. /Foto: Carlos G. Hervella.
A praza Galicia, en obras. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na mañá do 12 de novembro, comezaban as obras de remodelación da praza Galicia, na Rúa cunha subvención de Vicepresidencia que ronda os 50.000 euros. Tal como explica o alcalde, o popular Avelino García Ferradal, trátase da primeira fase da obra, con prazo de execución ata o 15 de decembro, na que se materá a estrutura da praza “e farase un parque infantil e unha zona para os maiores”, ampliando a praza e eliminando a rotonda de forma que a zona da dereita “quedará como peatonal, con acceso a garaxes, mentres que o outro lado será de dobre sentido”, explica García Ferradal, asegurando que “respectaranse as árbores. Houbo que quitar dous pero volveranse replantar e os bancos poñeranse novos”.

A segunda fase da remodelación, que aínda está sen adxudicar, afectará ás beirarrúas e ao vial. Unha obra que se complementará co paso subterraneo de Renfe de acceso á zona do Aguillón, que se comezará cara o mes de xaneiro de 2015.

O vindeiro luns 17 de novembro comezarase outra remodelación, desta volta en Fontei, cunha subvención da Consellería de Industria.

Artigos relacionados

Back to top button