SanidadeÚltima hora

Comeza a segunda onda de cribado preventivo nas residencias de maiores da provincia

Entre os centros da terceira idade que se visitarán hoxe está o do Barco

 

Nesta semana daba comezo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a segunda onda do cribado preventivo das residencias sociosanitarias e vivendas comunitarias da provincia, co obxectivo de detectar precozmente calquera incidencia e evitar repontes de Covid-19.

Os once equipos de recollida de mostras, para a realización da proba diagnóstico da Covid (PCR), reiniciaron así os circuítos, visitando ata hoxe 15 residencias, nas que se lles realizou a proba a 197 traballadores e 378 residentes. Aínda por completar os resultados de todas elas, ata agora non se detectaron positivos, tal e como informa Sanidade.

En concreto, fíxose xa o varrido nas residencias de Santa María de Montederramo, “Ansuiña” (Baños de Molgas), Cabaceiro (Paderne de Allariz), “Nuestra Sra. de Villanueva” (Allariz), Aspanas Velle, Sta Catalina de Amoeiro, Aspanas (A Peroxa), Ceboliño, Fogar Residencias Blanco Amor (Boborás), Pena da Sela (Irixo), Alameda (Ourense), Sta Maria Real de Entrimo, Fogar Residencial de Rairiz de Veiga, R. Discapacitados Adultos “Morgade” (Xinzo de Limia) e Residencia Miño (Ourense).

Hoxe mesmo os equipos visitarán as Residencias de Santa Mariña de Augas Santas; Allariz, as “Valverde” e “O Agarimo”; Dacón “Fogar Residencial”; Maside, “Casa Grande”; O Carballiño, as de maiores autónomos e a de dependentes; Taboadela, Fogar Residencial; Vilardevós; Monterrei, “Santiago Apostol” e O Barco de Valdeorras, “Nosa Sra. de Fátima”, segundo adianta Sanidade.

Poboación de risco

A medida procura garantir a seguridade dos preto de cinco mil usuarios e usuarias, e tamén dos mais de mil traballadores, tendo en conta seu elevado risco fronte ao coronavirus, derivado da convivencia, nun espazo pechado, de numerosas persoas de idade avanzada, moitas veces con saúde fráxil e pluripatoloxías crónicas.

Ademais, desde a Área Sanitaria de Ourense estase actualizando constantemente a información, en contacto cos centros, aos que se lles facilitou un enlace directo co coordinador do seu equipo asistencial de referencia en Atención Primaria. Ao longo desta crise sanitaria realizáronse preto de 8.000 PCRs entre residentes e traballadores dos centros sociosanitarios da provincia. O que representa case o 40% destas probas en toda a nosa Área Sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button