En portadaSanidadeÚltima hora

Comeza a vacinación do Covid-19 en Galicia

 

Primeira xornada de vacinación contra o Covid-19 en Galicia. Esta mañá chegaban as primeiras 500 doses da vacina de Pfizer á residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago de Compostela.  A Consellería e Sanidade escollía esta área sanitaria por ser a que máis casos activos ten de coronavirus.

Arredor das dez da mañá as vacinas xa estaban no almacén dunha empresa que dispón do sistema de conxelación necesario para a súa conservación en frío. A santiaguesa Nieves Cabo, de 82 anos, era a primeira galega en recibir a vacina.

Está previsto vacinar a 250 persoas este domingo, empezando por un usuario da residencia e un traballador, pois cómpre administrar dúas doses da vacina a cada un dos pacientes prioritarios.

O luns recibiranse outras 18.000 doses para completar a primeira entrega semanal do Ministerio de Sanidade. Pero non será ata o martes cando se realice a vacinación de maneira simultánea en residencias das sete áreas sanitarias galegas.

Artigos relacionados

Back to top button