EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Comeza a valoración para as Distincións Gallaecia 2015

A primeira das catas destes galardóns cos que recoñecen cada ano os mellores viños galegos tiña lugar na D.O. Monterrei
O panel de cata valorando os viños no CRDO Monterrei.
O panel de cata valorando os viños no CRDO Monterrei.

Comeza o calendario de catas da Asociación de Sumilleres Gallaecia e da Asociación Galega de Catadores. A primeira denominación de orixe vitivinícola que visitaban era a de Monterrei o 22 de de xuño. O seu panel de cata, formado por once persoas, valoraba 47 viños, dos que 27 eran brancos e 20 tintos.

Despois da cata, o presidente de ambas asociacións, Luis Paadín, facía unha valoración das dúas últimas colleitas de branco de Monterrei (2013 e 2014) calificándoas como de “viños moi alegres e divertidos”, segundo se indica dende o CRDO Monterrei. Tamén destacaba a diversidade apreciada nos brancos. No caso dos tintos, apuntaba que son “viños ben elaborados, cun nariz moi limpo”.

A seguinte cata destas asociacións de sumilleres e catadores será o 29 de xuño no Ribeiro. Os datos e as valoracións destas catas servirán para outorgar as Distincións Gallaecia 2015 e tamén para elaborar a vindeira edición da Guía dos viños de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button