EconomíaÚltima horaViticultura

Comeza a vendima en Valdeorras

Godeval foi a primeira en iniciar a colleita este luns, 24 de agosto, e mañá se incorporarán outras catro adegas

Vendima de Godeval.

 

Á mañá deste luns, 24 de agosto, comezaba a vendima en Valdeorrás. Godeval foi a primeira adega en facelo sendo este o seu comezo máis temperán dende o ano 2015, cando iniciaron a tempada o 25 de agosto. A colleita comezou tras varias xornadas de controles de maduración e deu comezo na finca Pancho. Está previsto que durante 10 días recolecten preto de 150.000 kilos nunhas 24 hectáreas de viñedo propio.

 

Un tractor durante a vendima. / Fotos: cedidas.

 

Valdesil tiña previsto iniciar hoxe a súa colleita pero debido a un cambio de última hora, retrasouse a mañá, 25 de agosto. Ese mesmo día tamén comezarán a vendima as adegas Roandi, de Éntoma; A Coroa, da Rúa e María Teresa Núñez, de Petín.

Artigos relacionados

Back to top button