ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Comeza a VI Festa Coveira de Arcos (Vilamartín)

A partires das sete e media da tarde abrían ao público dez adegas e comezaba a soar o ritmo da música tradicional dos Bertolini

A localidade vilamartinesa de Arcos acolle dende as sete e media desta tarde a sexta edición da súa Festa Coveira. Gastronomía, viños e tradición únense nesta celebración na que abren ao público dez adegas soterradas nas que poden degustarse viños e unha gran variedade de pinchos.

A festa estará animada ata as once da noite polo ritmo tradicional de O Bertolini de Manzaneda, despois pecharán as covas e a celebración continuará con música nas proximidades do regueiro.

Fotos: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button