OurenseÚltima hora

Comeza en Ourense a rodaxe de “Cuñados”, filme producido polo valdeorrés Alfonso Blanco

Esta comedia está dirixida por Toño López e do elenco de actores forman parte Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Fede Pérez, entre outros

Presentaci—ón do inicio da rodaxe de “Cu–ñados” en Ourense./ Foto: Alberte Paz.

 

A cidade de Ourense e outros puntos da provincia convertiranse a partir do vindeiro luns 17 de agosto en escenarios do filme de “Cuñados” do novo filme da produtora Portocabo, cuxo responstable é o petinés Alfonso Blanco “Fosco”.

Na mañá deste venres o equipo do filme reuníase na terraza do Liceo de Ourense para presentar o inicio da rodaxe. Así estaban presentes neste acto Alfonso Blanco (director xeral de Portocabo e produtor executivo do filme), Toño López (director), Xosé Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense), Jacobo Sutil (director da Agadic), e Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños e María Vázquez (membros do elenco principal da película).

A trama desta comedia costumbrista e familiar xirará arredor das peripecias criminais de tres cuñados unidos polo azar que deciden embarcarse nun plan disparatado. “Cuñados será a gran comedia galega”, adiantaba Alfonso Blanco, destacando tamén a importancia da provincia no filme. “Ourense está por todas partes. É imposible serparar o entorno no que se desenvolve da película, algo que sempre é moi importante nas producións de Portocabo, o territorio”.

 

Tres dos actores do filme: Xosé A.Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez./ Foto: Portocabo.

 

“Cuñados” suporá ademais o salto á longametraxe de Toño López que, tras dirixir exitosas ficcións seriadas internacionais como “Miracle Tunes” (Portocabo, ShowLab, Blasteem, Mediaset, Kamca Group) ou “Auga Seca” (Portocabo, Sp-i). López manifestaba a súa ledicia por “poder contar para este proxecto cun equipo e cun guión estupendos”. A esta celebración tamén quixo sumarse parte do elenco, tanto a actriz Eva Fernández como o actor Xosé Antonio Touriñán destacaron a súa “paixón por esta terra” e “o importante que é que nos momentos que estamos a vivir se aposte pola comedia”.

Pola  súa banda, o director da Agadic, Jacobo Sutil, destacou a calidade deste equipo de traballo e tamén “o labor de Portocabo difundindo a noso audiovisual a nivel galego, español e tamén internacional”. Ademais, quixo lembrar que o filme será integramente rodado e galego a través del se pon en valor “a gran calidade artística que temos en Galicia”.

 

Un dos momentos da presetación./ Foto: Alberte Paz.

 

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, pechaba o pacto poñendo en valor que “Ourense foi o berce do cinema galego e continúa a selo tamén hoxe en día con rodaxes como a de “Cuñados” grazas á valentía de produtoras como Portocabo á hora de querer levar a cabo proxectos así nestes momentos difíciles”.

Nos cines a primeiros do 2021

“Cuñados”, que chegará aos cines nos primeiros meses do 2021, forma parte do grupo de películas seleccionadas na segunda mesa de valoración de cine de RTVE para este ano e conta tamén coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a participación da TVG e a colaboración da Deputación de Ourense e de Filmax. Ademais, tamén apoian o filme empresas locais como Grupo Cuevas, Hotel Balneario Laias Caldaria, Bodegas A Vilerma, Expourense, Portovello e o COB (Club Ourense Baloncesto).

Esta non é a primeira vez que Portocabo escolle a provincia de Ourense para realizar algunha das súas ficcións, como xa ocorrera con “Vidago Palace” (Portocabo, Hop!), serie gravada en parte en Verín, que pode verse en HBO España e Portugal.

Alén disto, a produtora continuará tamén nestas semanas coa gravación da segunda tempada da multipremiada “Hierro” (Portocabo, Movistar+, Atlantique, Arte) en Canarias e avanzando en varios proxectos que se atopan agora mesmo en fase de desenvolvemento.

Artigos relacionados

Back to top button
Close