ConcellosÚltima hora

Comeza en Sober o reparto de mascarillas infantís reutilizables

 

Esta mañá o Concello de Sober comezaba a realizar o reparto de dúas mascarillas reutilizables para cada un dos nenos e nenas da localidade.

Teñen un deseño adaptado á poboación infantil e son de dúas tallas: para nenas e nenos de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Para menores de 3 anos as autoridades sanitarias non recomendan o uso de mascarillas.

O persoal de Protección Civil de Sober está sendo o encargado de entregalas casa por casa, aproveitando o envío do material escolar para o terceiro trimestre. As mascarillas entréganse xunto cun folleto explicativo de uso.

Prevese que a partir do vindeiro 27 de abril os cativos poidan empezar a saír das súas casas, seguindo sempre as indicacións do Goberno do Estado.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button